Máster Universitario en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas.

 

 

 

 

USC

Máster Universitario en Física Nuclear e de Partículas
e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas

versión castellano


AVISOS

SEMINARIOS

 

O presente Máster está encamiñado a formar investigadores e tecnólogos no campo da Física Nuclear e de Partículas e Astropartículas tanto teórico como experimental cun gran compoñente de formación académica xa que amplía a formación adquirida na licenciatura en Física, e posteriormente o fará cos novos graduados.
Tradicionalmente na USC esta formación foi impartida mediante os Cursos de Terceiro Ciclo do Programa de Doutoramento Física de Partículas e Dinámica Non Lineal que se extingue co presente curso 2008-2009. Por outro lado, a temática do Máster axústase en gran medida os intereses científicos do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), o que pertencen a maior parte dos profesores da titulación e do que recibe o seu total apoio.

O Máster proporciona o estudante unha oportunidade única de entrar en contacto coas tarefas investigadoras que realizan os profesores do departamento de Física de Partículas, o que lle vai a dar acceso a unha ampla oferta de campos de investigación.

Asimesmo, no Máster, o estudante poderá orientar a súa formación cara as aplicacións tecnolóxicas máis importantes da Física Nuclear e de Partículas nos campos da radiomedicina e da industria en xeral. O Máster proporciona fundamentos adecuados que facilitan o concurso a convocatorias oficiais de radiofísicos hospitalarios (RFIR), o acceso a programas de técnicos en grandes centros de investigación (CERN, GSI, FAIR, DESY...) , a supervisor de instalacións radiactivas, etc.

As competencias que se adquiren no Máster son moi amplas grazas o carácter versátil da formación que da acceso a etapa de investigación do doutorado na Física Nuclear e de Partículas do departamento, e facilita la orientación cara os postos de traballo nos ámbitos académico e da empresa, preferentemente nos sectores da tecnoloxía da información e comunicación, da radio-medicina e das finanzas.

Este Máster, na súa configuración presente diríxese preferentemente os actuais licenciados en Física. Os licenciados en Matemáticas, Química, ou en calquera outra rama afín de Ciencias Experimentais e da Saúde, en particular os de Medicina, e os Enxeñeiros terán a posibilidade de cursar o Máster, sobre todo na súa orientación máis tecnolóxica, escollendo adecuadamente as materias optativas e acreditando ante a Comisión Académica os coñecementos mínimos de física e matemáticas necesarios para o acceso as competencias do Máster, realizando por exemplo un número de créditos complementarios de formación.
O Máster terá que ser adaptado o perfil dos novos graos, previsiblemente no curso 2011-2012, para incorporar parte da formación básica da especialidade de Física de Partículas da licenciatura actual de 5 anos que desaparece co novo grao de 4 años.