Máster Universitario en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas.

 

 

 

 

USC

Máster Universitario en Física Nuclear e de Partículas
e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas

versión castellano


AVISOS

SEMINARIOS

 

Proporcionar unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar na Física Nuclear e de Partículas, orientada a especialización investigadora e académica.

Dar acceso a etapa de investigación de programas de doutorado en Física Nuclear e de Partículas.

Facilitar a incorporación a postos de traballo altamente cualificados nos ámbitos académico e externos o mesmo, na administración ou en empresas de tecnoloxías da información e a comunicación, das finanzas e da radiomedicina.

As competencias xerais que se adquiren son moi amplas grazas o carácter versátil da formación recibida. Entre estas competencias destacamos:

  • Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de problemas novos nos contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Física Nuclear e de Partículas.
  • Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas a aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) no campo da Física Nuclear e de Partículas e aplicacións a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
  • Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando no campo da Física Nuclear e de Partículas dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido o autónomo.

As competencias específicas que adquire o alumnado son:

  • Capacidade para o estudio e investigación en temas abertos na fronteira do coñecemento nos campos da Física Nuclear e de Partículas e Astropartículas, tanto teórica como experimental, e as súas aplicacións tecnolóxicas e médicas.
  • Posuír unha visión global do coñecemento actual dos procesos de xeración da materia e enerxía no Universo, da exploración do Universo usando partículas e radiación de alta enerxía, da descrición da estrutura dos hadrones e o confinamento dos quarks, das teorías modernas da unificación das interaccións fundamentais, da idea de supersimetría e as extensións do modelo estándar das partículas elementais, das teorías de campos integrables e solitones.
  • Capacidade para o uso das principais ferramentas e métodos de computación e programación utilizadas na actualidade nos experimentos de Física Nuclear e de Partículas, e para o manexo das técnicas experimentais que son de uso xeneralizado tanto en física medioambiental como en medicina, no ámbito diagnóstico e terapéutico das radiacións ionizantes.
  • Capacidade para desenrolar o traballo de investigación científica no marco ou formando parte de grandes colaboracións internacionais nas que se combinan labores tanto teóricas como experimentais e tecnolóxicas.