Obxectivos e competencias

O programa de doutoramento desenvólvese no prestixioso campo da Física Nuclear e de Partículas, que trata de coñecer a estrutura da materia mediante o estudo das súas compoñentes máis elementais en termos de núcleos, partículas e as interaccións entre elas. Este campo xenerou nos últimos 50 anos unha gran variedade de aplicacións tecnolóxicas nos eidos da enerxía, medicina e industria en xeral.

As liñas de investigación propostas no doutoramento son punteiras nos campos da física experimental nuclear e de partículas dos grandes aceleradores LHC do CERN ou do GSI, en eidos máis aplicados das radiacións ionizantes na medicina, industria e na física ambiental, na exploración do universo por medio de partículas e radiación de alta enerxía, na descripción da estructura dos hadróns e do confinamento dos quarks, nas teorías modernas de unificación das interaccións fundamentais, supersimetría, extensións do modelo estándar das partículas elementais e das teorías de campos integrables.

Obxectivos do programa:

  • Formación avanzada en técnicas de investigación.
  • Formación avanzada de novos doutores.
  • Realización, defensa de Teses e obtención de doutoras/es.

De acordo co establecido no R.D. 1393/2007 (punto 3.4 do Anexo I) garantiranse as seguintes competencias básicas:

  • Que os estudantes teñan demostrado unha compresión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con o dito campo.
  • Que os estudantes teñan demostrado a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica.
  • Que os estudantes teñan realizado unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referida a nivel nacional e internacional.
  • Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  • Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento.
  • Que se lles supoña capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social e cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.